Lobo (arquitectura)

Arcada cega na Saint Chapelle, París, Ilustração de Viollet-le-Duc, 1856. Quadrilóbulo inscrito nun arco quebrado, intradorso trilobado.

En arquitectura o termo lobo fai referencia a un elemento decorativo formado por un segmento de círculo que se multiplica formando un conxunto ornamental. Estes conxuntos poden ser de 3 arcos (Trilobo), 4 arcos (Cuadrilobo ou Cuadrifolio), ou tamén polilobados cando presentan máis de 4 arcos de círculo.

Quadrilobo con motivo escultórico, Igrexa La Chaise-Dieu, Francia

A utilización deste elemento en forma de trevo é variada podendo aparecer inscrito nunha circunferencia en óculos propios da arquitectura románica, en rectángulos ou outras formas poligonais. Na arquitectura gótica o seu uso multiplícase e evolucionan utilizándose lóbulos en decoracións con trazaría, revestindo as catedrais, aplicados a gabletes, nos intradorso de arcos, vitrais etc. Tamén no portugués estilo manuelino obsérvase unha ampla aplicación de lobos con 4 follas.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search